O Camiño Xacobeo da Geira e dos Arrieiros a día 8 de maio mantense en décimo lugar nas estadísticas oficiais da Oficina do Peregrino de Santiago.
O primiero posto está encabezado polo Camiño Francés con 36.198 peregrinos, que supoñen o 49,62% do total. Nos seguintes lugares están o Camiño Portugués Central e o da Costa, con 18.300 e 6.945 peregrinos e unhas porcentaxes do 25,08% e 9,53% respectivamente.
Para o Camiño da Geira e dos Arrieiros os datos mostran que se concederon 132 Compostelas, 45 a cidadáns portugueses, 15 a españois e o resto repártense entre outras 20 nacionalidades.
É moi destacable que o 70% fixo o camiño enteiro (240 km), dato que vai contra a tendencia actual de limitarse a facer pouco máis dos 100 últimos km, distancia mínima para recibir a Compostela.
Los peregrinos fotografiados superan los 200, pero muchos de ellos no acuden a la Oficina del peregrino a por su Compostela por haberla obtenido ya en ocasiones anteriores o por preferir invertir el tiempo de la tramitación en otras actividades.